Xesús Rodríguez Rodríguez é (Cabreiros-Xermade, Lugo, 1969), é mestre e Profesor Titular do departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC, e doutor en Filosofía e CC da Educación coa tese Os materiais curriculares e a Reforma Educativa en Galicia (Premio Nacional de Investigación), base do libro Os materiais curriculares en Galicia (Xerais 2009). As súas líneas de investigación preferentes céntranse nos materiais e recursos didácticos en soporte impreso e dixital. Conferenciante, participou en proxectos en varios países estranxeiros, exercendo a docencia na Universidade de Porto Rico. É membro de Nova Escola Galega e dirixe a Revista Galega de Educación. É directivo da IARTEM (Internacional Association for Research on Textbooks and Educational Media), Vicedecano da Facultade de CC da Educación e forma parte do Grupo de investigación Stellae. Entre as súas múltiples publicacións cómpre destacar: Os materiais curriculares e a atención á Diversidade Sociocultural (2005), A Fenda Dixital (2007), As actividades e os Recursos Educativos dos Museos de Galicia (2008), Análise socioeducativa do Concello de Boiro (1996), Análise da Rede de Centros do Concello das Pontes (2007), A Escola, Punto de Encontro entre o profesorado e educadores/as sociais (2006). Tamén coordinou ou participou en proxectos de elaboración de materiais didácticos e coordina o congreso de Materiais Didácticos de Nova Escola Galega. Xunto cun grupo de mestres do CEIP Serra de Outes obtivo o I Primeiro Premio Educompostela (2004) cunha experiencia para alumnado con necesidades educativas especiais; e no 2003 o I Premio de Innovación da USC coa experiencia A elaboración de materiais didácticos pro e para Adultos/as.
Recibe novedades de XESUS RODRIGUEZ RODRIGUEZ directamente en tu email
Os materias curriculares en Galicia é froito dunha investigación do profesor Xesús Rodríguez Rodríguez que nos achega á percepción que o profesorado de Galicia manifesta sobre os libros de texto e materiais curriculares impresos que foron elaborados para empregar na sua practica docente; e, ademais, un achegamento a opinion do profesorado para dar a coñecer as suas valoracions acerca dos recursos e materiais que foron pensados para o seu uso. Que grao de coñecemento posue o profesorado dos materiais que foron elaborados para axudalo na sua actividade docente?, Que funcionalidade presentan?, Que tipo de materiais se empregan habitualmente?, Cales son as principais necesidades de recursos e de formacion que sinala o profesorado?, Que opinion existe das caracteristicas que presentan os materiais?, Que tipo de materiais elabora o propio profesorado na escola? Este libro quere servir de guia e preocupacion para reflexionar sobre estas e outras cuestions, tan importantes para o desenvolvemento dunha practica educativa de calidade. As valoracions e os resultados que aparecen recollidos neste libro constituen un apoio moi importante para os distintos colectivos que desexen coñecer o que acontece na practica educativa cos materiais e tamen para as institucions e profesionais que teñen que tomar decisions sobre os mesmos. Este estudo tamen da a coñecer en que estado se encontra a teoria que se formolou ao redor dos materiais nas Reformas Educativas e comprobar en que medida se reflicte e exerce influxo na practica.