Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramon Piñeiro como ideologo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raiz da presentacion dunha Denuncia en tres idiomas (galego, frances, ingles), na que poñian en coñecemento das delegacions de case cen paises que actividades culturais en lingua galega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado por Manuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgacion española. O presente volume ofrece en facsimile a Denuncia trilingue (unha alfaia da bibliografia galega) e outros textos, ademais de reproducir paxinas sobre a cuestion hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade politica e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria -hai cincuenta anos- que urxia examinar e valorar.Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramon Piñeiro como ideologo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raiz da presentacion dunha Denuncia en tres idiomas (galego, frances, ingles), na que poñian en coñecemento das delegacions de case cen paises que actividades culturais en lingua galega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado por Manuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgacion española. O presente volume ofrece en facsimile a Denuncia trilingue (unha alfaia da bibliografia galega) e outros textos, ademais de reproducir paxinas sobre a cuestion hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade politica e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria -hai cincuenta anos- que urxia examinar e valorar.
Ver más