Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX. Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazo sen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra e se alonga ate a proclamacion da Republica do 31, ano de fundacion do Partido Galeguista e da celebracion da VII Asemblea das Irmandades da Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Mendez Ferrin e unhas palabras introdutorias do editor literario, os traballos organizanse en tres grandes bloques: Pensamento, Politica e Poetica. Unha triade que, coincidindo coa celebracion do centenario da creacion das Irmandades da Fala, artella un libro de intencion coral, interdisciplinar, transversal e aberta. "Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta como coordinador e verdadeiramente un autor. Luis Cochon esixe e orienta os participes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dalles a palabra aos mortos. Pilla aqui e acola, do patrimonio de vivos e defuntos, porcions de pensamento que acheguen mais as Irmandades para que poidamos rescatalas do estado de momificacion nocional en que se encontran no discurso historico comunmente aceite e oficializado. Podese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero o resultado e un centon que vai apaixonar o lector disposto a participar da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos". X. L. MENDEZ FERRINEste libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX. Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazo sen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra e se alonga ate a proclamacion da Republica do 31, ano de fundacion do Partido Galeguista e da celebracion da VII Asemblea das Irmandades da Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Mendez Ferrin e unhas palabras introdutorias do editor literario, os traballos organizanse en tres grandes bloques: Pensamento, Politica e Poetica. Unha triade que, coincidindo coa celebracion do centenario da creacion das Irmandades da Fala, artella un libro de intencion coral, interdisciplinar, transversal e aberta."Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta como coordinador e verdadeiramente un autor. Luis Cochon esixe e orienta os participes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dalles a palabra aos mortos. Pilla aqui e acola, do patrimonio de vivos e defuntos, porcions de pensamento que acheguen mais as Irmandades para que poidamos rescatalas do estado de momificacion nocional en que se encontran no discurso historico comunmente aceite e oficializado. Podese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero o resultado e un centon que vai apaixonar o lector disposto a participar da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos". X. L. MENDEZ FERRIN
Ver más