Cando calquera de nós se achega ao mar a bañarse, ou simplemente vai pasear pola area húmida, a maioría da xente non é consciente de que ese líquido acuoso que forma o mar ten unha antigüidade duns 4.500 millóns de anos, case tantos como o propio planeta que habitamos, polo tanto, este enorme ecosistema foi testemuño da maior parte do acontecementos tanto xeolóxicos como biolóxicos que tiveron lugar neste planeta. Tampouco somos conscientes de que ao saír do baño, nestas augas salgadas, portamos sobre o noso corpo numerosas células de moi pequeno tamaño, moitas delas microscópicas, coñecidas como fitoplancto. Estes microorganismos mariños son a base das cadeas tróficas neste medio. Boa parte da nosa alimentación, aquela que procede do mar, depende da abundancia destes pequenos organismos fotosintéticos. Aínda que o cerne é a Oceanografía e a Bioloxía mariña, este é un libro que poderiamos cualificar de multidisciplinar, pois nel, como o propio relato sobre a Arca de Noé, teñen cabida outros moitos aspectos, non exclusivamente biolóxicos, que van desde narracións históricas sobre navegación, Erastótenes e a esfericidade da Terrra, as investigacións de Alfred Wegener sobre a tectónica de placas e a súa influencia no noso planeta até Thor Heyerdal e a expedición da Kon-tiki, a conquista do planeta azul polos humanos, a caza das baleas etc.
Ficha técnica
Editorial: Baia Edicions
ISBN: 9788496526495
Idioma: Gallego
Número de páginas: 168
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/11/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: A Coruña
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A ARCA DE NOE
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!