A satisfacción é inmensa cando se consegue un obxectivo despois de salvar atrancos.Lúa, a bruxiña da sorte, chega ao escaparate da tenda de regalos de Tomé. Alí faise amiga de Cuqui, un reloxo espertador cativado polas historias que contan os libros; de Mina, unha bolboreta, única na súa especie, que devece por saber como é a vida en liberdade; e tamén de Pax, un cabaliño do demo namorado. Grazas ás fórmulas máxicas de Lúa, todos verán cumpridos os seus soños.
Ficha técnica
Ilustrador: Xose Cobas Gomez
Editorial: Ediciones Obradoiro, S.A.
ISBN: 9788416834020
Idioma: Gallego
Número de páginas: 104
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/03/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: Es
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 140.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Concha Blanco
Concha Blanco Blanco (A Coruña, 1950) exerceu como profesora de Lingua e Literatura galega en distintos centros. Autora dunha extensa obra dirixida ao público infantil e xuvenil entre as que destacan "Quero que veñan meus pais", Premio Lecturas Galix, 2002 e "¡A min que me importa!", accésit Premio Lazarillo, 1997. En Xerais ten publicado "A aventura das cores" (1998), "As noites de Xián" (2014) e «Eu tamén fun pequeña» (2023).