Relatos sobre as dificultades que teñen os pequenos para viviren nun mundo feito polos maiores Este libro é unha colección de sete relatos para rapaces, que ofrecen a posibilidade dunha lectura aberta, na que cada un pode tirar as súas propias conclusións. Todos tratan de problemas reais, especialmente as dificultades que teñen os pequenso para viviren nun mundo feito polos maiores, sen pensar demasiado neles. O lector atopará aquí o diario do neno que busca falar con alguén que o entenda, ou a historia de Tocho, un boneco que está convencido de que non serve para nada, como se as cousas inservibles non tivesen tamén o seu encanto. Vai igualmente aquí o conto de Roi, que prefire crear o seu propio mundo á beira do mar: e o de Mario e Marta, incapaces de entender que as bonecas teñan que ser para as nenas e os balóns para os nenos. E algúns máis, como o do reloxio que un día deixou de dar as badaladas. Son historias de nenos contadas para nenos por alguén que aínda ten cousas de neno.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788471546531
Número de páginas: 108
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/12/1998
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Es
Colección:
Árbore
Árbore
Número: 6
Alto: 20.5 cm
Ancho: 11.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Antonio García Teijeiro
Poeta y narrador (Vigo, 1952), ha conseguido importantes premios literarios como el Premio Merlín, el Premio Europeo Pier Paolo Vergerio de la Universidad de Padua y el Luna de aire, y entró, en dos ocasiones, en la Lista de Honor del IBBY, además de otros galardones como el I Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. En 2017 le concedieron el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por su poemario Poemar o mar (Ed. Xerais), libro con el que ganó el Premio Fundación CuatroGatos (Miami, 2018). Se han hecho tres antologías de su obra en gallego, castellano y portugués. Entre sus más de 70 libros publicados destacan Na fogueira dos versos, Paseniño, paseniño, Chove nos versos, Na agonía dos outonos en silencio, Presenzas marcadas, la Trilogía del mar o la antología Dijo el ratón a la luna (poesía); A teima de Xan, Os peixes de cores o Trala liña do horizonte (narrativa).