📗 Libro en gallego A DERIVA

HENRIQUE DACOSTA

BELAGUA EDICIONES Y COMUNICACION - 9788494695964

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A DERIVA

Seis son os relatos que conforman o libro, sendo o primeiro deles, Á deriva, o que dá título ao conxunto. Seis relatos de moi diferente fasquía, aínda que pespuntados liricamente pola voz dun autor que nos vai levando desde un mundo trazado pola incredulidade do accidente do Discoverer Enterprise –incrustado pateticamente na ponte das Pías– até a novela breve Patria do vento tourón, en que se relatan as vicisitudes do torreiro Terencio, namorado dunha serea. O realismo combina co fantástico, sen renunciar ao ton irónico, mesmo cómico, a pesar de que se poida mastigar a traxedia, como acontece en Maxia real –un conto máxico de reis en que anda a rondar a morte–, en Canción de arrolar, co fusilamento en 1938, após ter dado a luz, de Amada García no castelo de San Filipe de Ferrol, e en Berlarmino e o robalo, co teimudo submarinista que interioriza como un desafío a loita contra o magnífico animal. Finalmente, Isabel de Barreto, a almiranta dos Mares do Sur, antóllase tema recorrente e caro ao autor, agora recreado a través da figura dunha súa trasneta, protagonista de Ofelia Seis Dedas, que quixo tripar as mesmas terras que ela tripara en 1595 e que motivará a súa desgraza. Seis narracións, en definitiva, cheas de paixón, escritas co bon oficio de quen leva anos exercendo; narracións que, con certeza, non haberán de causar indiferenza a quen as lea.

Ficha técnica


Editorial: Belagua Ediciones y Comunicacion

ISBN: 9788494695964

Idioma: Gallego

Número de páginas: 88
Tiempo de lectura:
2h

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/04/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 0.5 cm

Especificaciones del producto



Opiniones sobre A DERIVA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana