Empregando unha estructura acumulativa, ó xeito dos contos tradicionais deste tipo, no xardín da raíña de Turnedó van aparecendo o mato do xardín, a vaíña do mato, a princesa que a garda, o lacaio que a arrola, o cabalo que monta o lacaio, o carro que leva o cabalo que monta o lacaio, o carro que leva o cabalo, o coche que tira do carro, o rei que guía o coche, o corvo que aniña no rei, o ovo que puxo o corvo, o dragón Venancio Feroz que sae do corvo, a labarada que bota o dragón, as palabras que di o dragón... Estructura acumulativa moi orixinal e divertida, reforzada por unhas ilustracións de grande forza creativa de Peixe. Unha delicia para os lectores de sete anos en diante, ou para aqueles máis pequenos contado polos adultos.
Ficha técnica
Ilustrador: Pablo Otero
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483020524
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/05/2001
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Merlin
Merlin
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Gloria Sanchez
Gloria Sánchez (Vilagarcía 1958) é mestra de Educación Primaria. Como autora de literatura infantil deuse a coñecer co poemario Fafarraios (Xerais 1991), Premio Merlín 1990, Lista de Honra do IBBY 1994. dende aquela publicou outros libros de poemas. Rimas con letra (Xerais 1991), ¡Pum, pum! (1993). No eido narrativo infantil publicou as seguintes obras: Bichos con gaseosa (1992); Cabeciña a paxaros e outras historias (1993); O capitán Ro e o gato Bo (Xerais 1994); Pé e máis eu (1995); Doutor Rus (1995), premio Edebé de Literatura Infantil; A raíña de Turnedó (Xerais 1996); Sete casa, sete bruxas e un ovo (1997); O grande tronante (Xerais 1998), álbum, en colaboración con Xan López Domínguez; Manual para unha pequena meiga (1998); Teatro feroz (1999); A casa de vidro do señor Cum (1999); A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos (Xerais 1999), peza teatral, en colaboración con Miguel Vázquez Freire; O home do impermeable amarelo (2000); Matapitos.com (Xerais 2000); Farangulla (2002); A galiña da paz (2002); ¿A onde van as bolboretas no inverno? (2003); Florentino, o príncipe Quino, (Xerais 2010). Froito do seu labor de investigación e actualización do folclore infantil galego é o libro 303 Adiviñas (Xerais 1994).