leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego A REALIDADE

(1)

Edicións Xerais - 9788491218012

(1)
Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A REALIDADE

Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura. A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración convencional nin fronteiras entre xéneros. Da comedia negra ao panfleto político, do relato sentimental á novela de aventuras. Coa súa narrativa innovadora, Manuel Darriba compón en «A realidade» unha sinfonía en aparencia demencial, pero con todos os parágrafos medidos para que digan o que o autor quixo dicir.Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura. A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración convencional nin fronteiras entre xéneros. Da comedia negra ao panfleto político, do relato sentimental á novela de aventuras. Coa súa narrativa innovadora, Manuel Darriba compón en «A realidade» unha sinfonía en aparencia demencial, pero con todos os parágrafos medidos para que digan o que o autor quixo dicir.

«A realidade» transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración convencional nin fronteiras entre xéneros. Da comedia negra ao panfleto político, do relato sentimental á novela de aventuras.


Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491218012

Idioma: Gallego

Número de páginas: 136
Tiempo de lectura:
3h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/02/2021

Año de edición: 2021

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 205.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Darriba


Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista, dirixiu revistas técnicas e dende 2011 dedícase á escritura creativa. Recibiu premios como o González Garcés de poesía, o Lueiro Rey de novela curta ou o Fernández del Riego de xornalismo literario, entre outros. Escribe guións para programas e series de televisión («Land Róber», «Malo será!», «O Faro», «Serramoura»...). Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil «Paf Xarope», á que seguiron títulos como «Velada do billarista» (2001), «Accidental» (2003), «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), os tres publicados tamén en castelán, o libro de relatos «Elefante» (Xerais, 2018) e «A realidade» (Xerais, 2021). Coa súa incursión na narrativa infantil («Brais e os demais», 2010) foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios «Calor» (1997), «Vostede non sabe con quen está a falar» (Premio Espiral Maior 2004) e «Os indios deixaron os verdes prados» (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica política «AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda» (2013). Sobre «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), a crítica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco Martínez Bouzas, blog «Novenoites»); «Brutal, terrible e inmisericorde [...], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, «El Mundo»); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas [...] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, «La Voz de Galicia»); «Unha lectura engaiolante e arriscada [...], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, "El Progreso"). Sobre «Elefante» comentouse que está «no ronsel do mellor Borges (...), nos ecos do Carver máis inquedante» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»). (Foto do autor: Toño de López )
Descubre más sobre Manuel Darriba
Recibe novedades de Manuel Darriba directamente en tu email

Opiniones sobre A REALIDADE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

(1) comentario

1/5

(0)

(0)

(0)

(0)

(1)


Ordenar por:

1 opiniones de usuarios


@opiniondesolapa

20/07/2023

Tapa blanda

Hai moito bo libro que ler como para perder o tempo con este. O principio parecíame novedoso pola forma no que estaba escrito, mais cando levas lido un rato o cerebro dice 'basta'. Non pode ser que en cada capítulo precises ler 5, 6, 7 anotacións. Porque a lectura vólvese lenta. Son 130 páxinas que asemellan 1000. Quería volver a engancharme a ler en galego pero con estes libro é imposible.


Ver todas las opiniones (1)

Los libros más vendidos esta semana