📗 Libro en gallego APRENDER A CONVIVIR (3ª ED.)

XERAIS - 9788497824927

Psicología Psicología educativa

Sinopsis de APRENDER A CONVIVIR (3ª ED.)

O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. Historicamente, ao sistema educativo, xunto coa familia, asignábaselle a aprendizaxe das normas de convivencia elementais para vivir en sociedade. O Informe á UNESCO da Comisión internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors, resalta o de aprender a convivir como un dos catro piares en que se debe sustentar a educación para o novo século. Aprender a convivir non é só un requirimento formal das nosas leis educativas senón unha necesidade inaprazable de todo proxecto educativo, tanto da familia como do conxunto do sistema educativo, sen esquecernos dos medios de comunicación social. A aprendizaxe dunha convivencia respectuosa e solidaria é responsabilidade de toda a cidadanía e non só do profesorado. Todos os cidadáns deben achegar o seu grao de area para favorecer unha convivencia positiva nos diferentes ámbitos da vida: familia, escola, traballo, barrio ou cidade. Este libro é froito do programa educativo, promovido pola Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo, co obxectivo de aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos.O autor, Xesús R. Jares, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflictos. O volume complétase cun anexo documental onde se inclúe información sobre as características do programa promovido polo Concello de Vigo e os textos completos das declaracións sobre a violencia (Sevilla 1986), o Manifesto 2000 para unha cultura de paz e a non violencia, e da Declaración universal dos dereitos humanos.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497824927

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 24/05/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Vigo
Peso: 183.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XESUS R. JARES


Xesús R. Jares é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña. Cátedra obtida co perfil "Modelos de Educación para a Paz e o Desenvolvemento". Coordina desde 1983 o colectivo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Foi presidente da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ) e na actualidade preside a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ). Deseñou e coordinou o proxecto multidisciplinar e solidario Construír a paz. Cultura para a paz nos anos 1995-1997. Tamén foi o deseñador e coordinador do Programa educativo municipal Aprender a convivir do Concello de Vigo nos anos 2000-2003. Ademais deste, ten publicado en Edicións Xerais outros catro libros: Educación e dereitos humanos. Estratexias didácticas e organizativas (1998), Construír a paz. Cultura para a paz (Cdor., 1996), Aprender a convivir (2001, 3ª edición en 2006) e Técnicas e Xogos cooperativos para todas as idades (2005).
Descubre más sobre XESUS R. JARES
Recibe novedades de XESUS R. JARES directamente en tu email

Opiniones sobre APRENDER A CONVIVIR (3ª ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana