María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499143750
Idioma: Gallego
Número de páginas: 120
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/05/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Número: 140
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 142.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por María Solar
María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana. Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como «Ecoloxía na Aula» (1997), «O libro do noso mar» (1999), e de ficción pedagóxica, como «Boa sorte» (2008) ou «O tempo do revés» (2008). O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: «A verdadeira historia da mosca de tele» (2012), «As meigas de Lupa» (Xerais 2012), «Teño uns pés perfectos» (2015), «O meu pesadelo favorito» (2015) ou «Os nenos da varíola» (2017). En Xerais publicou tamén a novela «As horas roubadas» (Xerais, 2016) e o libro infantil «Quokka Moka» (Xerais, 2019). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra «A culpa» (Xerais, 2022), e en 2023 quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «Adeline» (Xerais, 2024. Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.