leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego ATL

Edicións Xerais - 9788499143811

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ATL

Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia, mais tampouco a súa falsidade. Diríase que os humanos precisamos coma do aire de espazos que desafían o rigor da razón para situarmos neles as nosas arelas máis íntimas, as nosas imaxinacións, tamén as nosas perplexidades.Atl propón un novo achegamento ao asunto da Atlántida desde o eido da creación literaria, mais un achegamento iluminado coas luces converxentes da historia e o mito, a ciencia e a intuición, a crónica e a fábula. A través do retrato dunha sociedade posíbel, no que se lle outorga un forte protagonismo á política, ao desenvolvemento tecnolóxico, ao pensamento e ás rutinas da vida cotiá, e que vén ser unha proxección inevitábel do mundo coñecido, asistimos a un demorado relato de tensións e intrigas que artellan unha explicación non de todo inverosímil dos acontecementos que levaron ao seu tráxico final.Cun certo alento de fondo épico e unha vaga intención exemplarizante nunha novela clásica de acción, Atl aborda asemade unha revisión dos elementos máis comúns da ficción científica, dándolles un novo sentido e xuntándoos nunha mesma trama asombrosamente coherente.Situado nalgún mar do noso interior máis profundo e nun tempo que pode ser calquera, velaí Atl, o continente perdido, esa historia que sempre volve.Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe se conseguise demostrar a súa existencia, mais tampouco a súa falsidade. Diríase que os humanos precisamos coma do aire de espazos que desafían o rigor da razón para situarmos neles as nosas arelas máis íntimas, as nosas imaxinacións, tamén as nosas perplexidades.Atl propón un novo achegamento ao asunto da Atlántida desde o eido da creación literaria, mais un achegamento iluminado coas luces converxentes da historia e o mito, a ciencia e a intuición, a crónica e a fábula. A través do retrato dunha sociedade posíbel, no que se lle outorga un forte protagonismo á política, ao desenvolvemento tecnolóxico, ao pensamento e ás rutinas da vida cotiá, e que vén ser unha proxección inevitábel do mundo coñecido, asistimos a un demorado relato de tensións e intrigas que artellan unha explicación non de todo inverosímil dos acontecementos que levaron ao seu tráxico final.Cun certo alento de fondo épico e unha vaga intención exemplarizante nunha novela clásica de acción, Atl aborda asemade unha revisión dos elementos máis comúns da ficción científica, dándolles un novo sentido e xuntándoos nunha mesma trama asombrosamente coherente.Situado nalgún mar do noso interior máis profundo e nun tempo que pode ser calquera, velaí Atl, o continente perdido, esa historia que sempre volve.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499143811

Idioma: Gallego

Número de páginas: 536
Tiempo de lectura:
12h 49m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 13/06/2012

Año de edición: 2012

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 4.5 cm
Peso: 919.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo González


Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos "Algúns outros" (1991); "Da esfinxe" (1992); "As paisaxes compartidas" (1996), Premio Carvalho Calero; "Noites de papel" (1997), Premio Café Dublín; "Infidelicidades" (2002), Premio Narrativas Quentes; e as novelas "Arqueofaxia" (Xerais 1995), Premio Manuel García Barros; "O xardín das pedras flotantes" (Xerais 2008), Premio Xerais de Novela; Atl (Xerais 2012), Premio Blanco Amor de Novela, e "Cegoñas ao fondo da ría" (2015). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas "No outono das fragas" (1995); "Tanis I o Mocos" (Xerais 1998); "O que é a vida" (Xerais 2001); "Estanislao, príncipe de Sofrovia" (Xerais 2002); "Irmán do vento" (Xerais 2003), Premio Merlín e Premio Frei Martín Sarmiento; "Ela atopa un nome" (2005); "Unha pantasma no colexio" (2006); "O día despois do día" (2007); "Mundo Arb" (2011), Premio O Barco de Vapor; "Flor de área" (Xerais 2013) e "Ceiba de Luz" (Xerais 2017), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; algunhas das cales foron traducidas ao castelán. Como autor de libros infantís, publicou "Animais de compañía" (1998), seleccionado para o catálogo White Ravens 2000; "O patadón" (2001 Xerais); "Piñeco" (2004), e unha versión do clásico "A leiteira" (1999). No campo do teatro, é autor de "Auto do Entroido" (1995), Premio O Facho e "A música da noite" (2001), Premio Estornela. Ademais, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como "Muralla de Cresconio 2", "Galicia Solidariedade", "Premios Pedrón de Ouro 1990-1991", "Unha liña no ceo. 58 narradores galegos", "Novo do trinque", "Contos de chistes, portas e sorrisos", "Educación e Paz III. Literatura galega pola paz", "Limiaxinacións", e en publicacións periódicas, entre as que destacan as súas colaboracións na revista de humor "Retranca" (anos 2007- 2010). É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter.
Descubre más sobre Manuel Lourenzo González
Recibe novedades de Manuel Lourenzo González directamente en tu email

Opiniones sobre ATL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana