📗 Libro en gallego BREVE CRONICA UNIVERSAL DA CLASE OBREIRA

SOTELO BLANCO EDICIONS- 9788478243877

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de BREVE CRONICA UNIVERSAL DA CLASE OBREIRA

Como gañadora do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, organizado polo Ilmo. Concello do Grove, Sotelo Blanco Edicións publica dentro da colección Medusa esta Breve crónica universal da clase obreira, na que Jaureguizar compromete tamén o oficio de novelista na aventura de destapar irregularidades, inxustizas, hipocrisías, incluso ilegalidades que obrigan á meirande parte do mundo, o mundo obreiro, a loitar e sufrir tódalas crises, inclemencias, crueldades, rigores e adversidades que inciden no estándar, no prototipo de familia de clase media, condición obreira, exiguo saldo na conta e longa ringleira de acredores e contixencias que a desequilibran na xa difícil travesía vital nun delgado arame de funambulista. «O operario da construcción lembra o que lle sucedeu. Sen nómina. Con muller. Con embarazo. Sen contrato. Sen futuro. Con abafo...». É nesta peripecia que afoga ós menos afortunados onde descubrimos a Leticia e Raúl, unha parella tipo, anguriada polas continuas voltas de porca que ameazan a súa escasa estabilidade familiar. Jaureguizar mestura diálogo, narración e crónica (comentario periodístico que inclúe unha explícita denuncia social). Breve crónica universal da clase obreira é un híbrido de escenas moi teatrais comentadas por un narrador interesado e contextualizadas por editoriais de prensa que condensan unha visión do mundo como productor de carnaza —obreiros— flotando nun mar de tiburóns famentos e avarentos. «Uns cen millóns de nenos no mundo viven e traballan na rúa...7,5 millóns de pícaros en todo o globo desempeñan empregos cualificados como de semiescravitude... A cidade máis rendible para practicar a mendicidade nas rúas en Asia é a capital de Tailandia, Bangkok».

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478243877

Idioma: Gallego

Número de páginas: 100
Tiempo de lectura:
2h 17m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/12/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Jaureguizar


Naceu en Bilbao o 14 de agosto de 1965. Viviu a súa infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. Vive illado nalgún lugar remoto de Galicia, onde se dedica a andar en bicicleta, cultivar vermes da seda e contemplar o paso das nubes. Cada xoves de madrugada sobe ao cumio dun monte para catar o sabor dos diferentes ventos mareiros. Nas noites de lúa nova conta as estrelas.
Descubre más sobre Jaureguizar
Recibe novedades de Jaureguizar directamente en tu email

Opiniones sobre BREVE CRONICA UNIVERSAL DA CLASE OBREIRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana