Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de naipes que dura tres días e tres noites, e no que xogan a vida.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498653281
Idioma: Gallego
Número de páginas: 368
Tiempo de lectura:
8h 46m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/11/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 292
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por VICTOR FREIXANES
Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, editor e xornalista. En 1976 publicou «Unha ducia de galegos», libro de referencia na crónica da cultura galega contemporánea. Como narrador deuse a coñecer en 1982 con «O triángulo inscrito na circunferencia» (Premio Blanco Amor), novela que se considera xa un clásico da nosa narrativa. Outros títulos seus son «O enxoval da noiva» (1988), «A cidade dos Césares» (Premio Torrente Ballester, 1992) e «Cabalo de ouros» (2010). Entre 1988 e 1992 dirixiu Edicións Xerais de Galicia, posteriormente, as edicións literarias do Grupo Anaya, Alianza Editorial e, máis recentemente, Editorial Galaxia. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial na que se amosa unha ampla e variada visión histórica de Galicia. En marzo de 2017 foi elixido Presidente da Real Academia Galega.