OQO EDITORA - 9788493449902
Celestino vive nun alpendre ao pé do río, fai castelos de xeo, abraza as árbores e dorme baixo as estrelas. A súa única compañía é Rosamunda, pequena como unha libélula e case transparente. Pero un día Celestino está de mal humor e Rosamunda desaparece… Esta historia preséntanos a realidade desde unha perspectiva fantástica, e a través dos ollos dun home incomprendido e solitario.
A fantasía do protagonista bate con observadores implacables aos que, pese ás súa boas palabras, tanto lles ten o que lles pase aos máis débiles. Pero no fondo, os personaxes do conto non son máis que o espello dunha sociedade hostil, que rexeita todo aquilo que é diferente.
Esta historia tamén fala da bondade, da amizade e dos soños. Dunha maneira sinxela e cordial, evoca a mirada limpa dos nenos, que tantas veces é manipulada polos adultos sen ningunha xustificación.
Celestino Tarambainas non se esgota na primeira lectura. É un relato que busca provocar preguntas, e tamén unha historia que nos axuda a comprender a necesidade de tenrura e consolo das persoas diferentes a nós.
As ilustracións sempre suxestivas de Mariona Cabassa resultan cálidas e frescas, ao tempo que complementan á perfección o ton poético do libro.
TERCEIRO PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL MELLOR EDITADO 2006, outorgado polo Ministerio de Cultura
Texto de Marisa Núñez
Ilustracións de Mariona Cabassa
Especificaciones del producto
Escrito por Marisa Núñez
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!