Sinopsis de CHRYSTYAN MAGIC: NA SENDA DA SERPE ALADA
Chrystyan, despois de estar"atrapado na torre"e saír vitorioso, continúa coa normalidade das ocupacións cotiás, pero sen esquecer as ensinanzas que lle transmite Bosco, o vello mago.O nó das aventuras desta nova entrega preséntase nun castro e na reserva vexetal que o rodea, onde Chrystyan e dous amigos son atacados e acaban por se extraviar en cadanseu labirinto. Nestes máxicos lugares, contarán coa axuda dos mouros e das mouras que habitan a parte invisible do castro.A obra, aínda que autónoma en canto á lectura, remite indirectamente a elementos de"Chrystyan Magic-Atrapado na torre"(plano espacial, elementos, personaxes...). Os elementos máxicos ou fabulados están equilibrados con aqueloutros que representan aspectos sociais, históricos ou etnográficos (a convivencia, o traballo, os castros, espazos protexidos, crenzas tradicionais arredor dos castros...).
Ficha técnica
Ilustrador: Rivera Ferner Marta
Editorial: Everest
ISBN: 9788440311825
Idioma: Gallego
Número de páginas: 108
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/12/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Alto: 19.5 cm
Ancho: 12.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xoan Babarro Gonzalez
Naceu en Calvelo (Zorelle - Maceda/Ourense) o 23 de decembro de 1947. Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras. Ingresou no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola, e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente ata 1971, data na que se trasladou a Galicia. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008, foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega. Está casado coa escritora Ana María Fernández.