📗 Libro en gallego COCIÑANDO AO PE DA LETRA

Entra coa literatura galega ata a cociña

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498653526

Cocinas españolas Regiones de España

Sinopsis de COCIÑANDO AO PE DA LETRA

Editorial Galaxia publica Cociñando ao pe da letra, unha orixinal proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro que demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira. Un libro, en definitiva, que repara no vencello estreito entre os verbos cociñar e escribir. En palabras de Yolanda Castaño: "Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máxima diversidade en canto a sexo e xeración, xenero literario e ata zona xeográfica. Homes e mozas, rapaces, señoras, da aldea, na cidade, na costa, do interior. Son algunhas das máis representativas e puxantes voces das nosas letras actuais. Autoras de ensaio e de literatura dramática, narradores, poetas, cultivadores de literatura infantil e xuvenil. Unha variada riqueza a traves de ollos multiplicados, a traves de perspectivas o suficientemente plurais". Os escritores e escritoras que cociñaron para este libro foron Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Fina Casalderrey, Xavier Rodríguez Baixeras, Marga do Val, Xabier P. D

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498653526

Idioma: Gallego

Número de páginas: 184

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 11/05/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
Varios

Número: 84
Alto: 20.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 17.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Yolanda Castaño


Yolanda Castaño
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica - Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014), o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador», na illa de San Simón. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país, por toda Europa e América, ademais de Tunisia, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesía e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía, téndose traducido en parte a máis de quince linguas. Autora multipremiada (Premio da Crítica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009, Premio Fundación Novacaixagalicia, entre outros) Yolanda Castaño conta con sete poemarios individuais entre os que salientan «Vivimos no ciclo das Erofanías», «O libro da Egoísta», «Profundidade de campo», «A segunda lingua», «Materia» (Xerais, 2022; Premio Nacional de Poesía 2023 e Premio da Crítica española 2024) ou «A falsa autónoma» (Xerais, 2025; Premio Miguel González Garcés 2022). É autora tamén de edicións bilingües destes poemarios para Visor libros, un par de escolmas persoais, algunhas plaquettes e catro libros de poesía infantil, ademais de obras asinadas como editora e tradutora. En 2018 publica «O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético» (Xerais, 2018) e en 2021 escribe «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias» (Xerais, 2021).
Descubre más sobre Yolanda Castaño
Recibe novedades de Yolanda Castaño directamente en tu email

Opiniones sobre COCIÑANDO AO PE DA LETRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana