–E que lle queres –respondeu o tío– se vivo nun mundo de tolos coma este? Bo Nadal! Xa está ben de Nadal! Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para pagar facturas sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano máis vello e nin sequera un chisco máis rico; unha época para facer balance da contabilidade e encontrar todos os gastos de doce meses a deber? Se aquí mandase eu –dixo Scrooge indignado–, a todos eses idiotas que andan por aí con iso de «bo Nadal» na boca habían de queimalos vivos e enterralos cunha estaca de acivro chantada no corazón. Ala! –Tío! –queixouse o sobriño. –Sobriño! –respondeulle o tío de mal xenio–. Ti queda co teu Nadal e a min déixame co meu.–Co seu Nadal! –replicou o sobriño de Scrooge–. Pero se vostede non celebra o Nadal. Ambientado en Londres na época victoriana, “Canto de Nadal” é un clásico inesquecible da literatura universal ilustrado por un dos máis prestixiosos artistas internacionais. KALANDRAKA preséntao nunha coidada edición para gozar dunha lectura que enxalza o espírito navideño. Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida
Ficha técnica
Traductor: 0
Ilustrador: Roberto Innocenti
Editorial: Kalandraka Editora
ISBN: 9788484647744
Idioma: Gallego
Número de páginas: 152
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 10/11/2011
Año de edición: 2011
Plaza de edición: Es
Colección:
Fóra de colección
Fóra de colección
Alto: 29.0 cm
Ancho: 21.5 cm
Peso: 1064.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Charles Dickens
Charles Dickens (1812-1870) es uno de los grandes narradores ingleses de todos los tiempos. Entre sus obras más conocidas se cuentan "Tiempos difíciles", "Grandes esperanzas", "Oliver Twist", "David Copperfield", "La tienda de antigüedades", "Historia de dos ciudades" y "Canción de Navidad", además de sus "Cuentos de miedo".