CONTOS MARABILLOSOS I (2ªED)

CONTOS DA TRADICIÓN ORAL DE GALICIA

XERAIS - 9788483023280

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de CONTOS MARABILLOSOS I (2ªED)

Contos Marabillosos, I contén tres contos de maxia ou marabillosos. Os contos de maxia son antigos coma o mundo. Engaiolan e encantan. Divirten e estimulan os sentimentos máis variados dos humanos. Se os animais falan ou habitan neles monstros do imaxinario, se as mulleres bonitas son princesas e os heroes reis ou príncipes, se o mundo dos mortos e dos vivos se mestura, se os deuses e os homes se tratan de ti, é porque toda búsqueda do sentido da vida ten dimensións sicolóxicas, relixiosas, fantasiosas, que precisan deses símbolos, comúns á humanidade enteira, símbolo que constitúe a auténtica linguaxe universal. O paxaro que fala, a árbore que canta e a auga dourada; Manta en Roma e A gaita que facía a todos bailar, os tres títulos deste primeiro volume cóntanse aínda nas aldeas de Galicia. Do primeiro, O paxaro que fala, a árbore que canta e a auga dourada, faise unha versión literaria a partir dunha oral rexistrada na Pontenova, nunca impresa, e doutras máis coñecidas, poucas, rexistradas hai algúns anos. De Manta en Roma só hai unha versión oral galega, aínda inédita, e que é a única fonte da que bebe a reelaboración que aquí se ofrece. Do terceiro, A gaita que facía a todos bailar, máis coñecido, refúndense unha serie de versións orais que lle dan o corpo, a forma e o sentido que debeu ter algún día. En tódolos casos cada conto vai anotado coas fontes das que se partiu para elaboralo.

Ficha técnica


Ilustrador: Teresa Novoa Martínez

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483023280

Número de páginas: 56

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/12/1998

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - CABALO BULIGÁN - Contos marabillosos

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 140.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOAN RAMIRO CUBA y Antonio Reigosa


Xoán Ramiro Cuba Rodríguez. Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial de Lugo como Auxiliar de biblioteca. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira . Como integrante deste equipo participou en todos os proxectos, traballos de campo , arquivo e publicacións do mesmo e é coautor dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Ten publicado tamén , individualmente e en colaboración, ducias de traballos en prensa e revistas especializadas. Por dous traballos de investigación relacionados coa Terra Chá foi distinguido co Premio "Manuel Mato Vizoso" en 1987 e 1989. Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda escribiu trece libros publicados por Edicións Xerais de Galicia: Diccionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección Cabalo Buligán (1998-2000). É responsable tamén, con estes mesmos autores, da Antoloxía do conto galego de tradición oral (2001) e con Fernando Arribas e Antonio Reigosa da Guía do Museo Provincial de Lugo (2003). A súa obra para primeiros lectores O caracol Remoldiño (Xerais, 2003) obtivo o Premio Lecturas da Asociación Gálix en 2005.
Descubre más sobre XOAN RAMIRO CUBA
Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.
Descubre más sobre Antonio Reigosa

Opiniones sobre CONTOS MARABILLOSOS I (2ªED)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana