Sinopsis de DENDE O HIMALAIA A CEILAN (LENDAS HINDUS)
Escolma de lendas populares hindús, dirixidas aos lectores novos.
A India é máis ca un país, é todo un mundo. A cultura hindú, formada ao longo de tres mil anos, é tan rica e multiforme que abrangue milleiros de deuses e deusas e unhas oitocentas linguas.
As lendas hindús que conta neste libro o narrador e poeta Darío Xohán Cabana son unha mostra desa marabillosa xuntanza de vellas crenzas e símbolos eternos. A historia do deus con cabeza de elefante, a do exército de simios de Rama ou a do Príncipe Siddhartha, o Buda por exelencia, han servir de porta de entrada a unha civilización sorprendente e fascinante.
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482887470
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Tiempo de lectura:
1h 2m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/11/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Arbore Galaxia
Arbore Galaxia
Número: 3
Especificaciones del producto
Escrito por Darío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.