A escrita supón algunha ausencia, tamén figuracións. Escríbese con vistas ou en vistas de algo, mais sempre a velas vir.Se o autor é orfo de Orfeo deben acaerlle explicacións elípticas e ovais: o ovo do que houbo tanto sería saída de gases coma substancia etérea, pero os gases e aires serían fillos do tempo, crónica.Lector e autor ábrense sitio a conta de deferencia, nun é ou non é que non se preocupa do ser-aí da letra matadora senón do mételle-aí das ideas erráticas, mesmo do erre que erre asilveirado.Para entender unha palabra hai que lle reparar, antes do son, na insolencia.As palabras cargadas de sentido (tan alleas ó sentado coma ó Sísifo eólico ó sofá de fleixes moles sáficos), as palabras cheas de aire, igual có fol da gaita, son PALABROTAS, velaí a súa grandeza.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Positivas S.L.
ISBN: 9788487783234
Número de páginas: 211
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/10/2001
Año de edición: 1994
Plaza de edición: A Coruña
Especificaciones del producto
Opiniones sobre DEPOSITO DE ESPANTOS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!