Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente. Coida o seu aspecto con esmero, fala pouco do seu pasado e non sempre encaixa nos moldes. Algúns admírano. Outros desconfían. Nin sequera quen o defende se atreve a preguntarlle o que todos calan. Mentres tanto, no territorio paralelo e anónimo da Rede, Dipnoi e LadyFolerpa manteñen unha relación intensa e profunda. Agochados tras a pantalla si son capaces de abrir a alma. O que non sospeitan é que, ao outro lado, se agocha alguén moito máis próximo do que imaxinan. Unha historia sobre o que se cala, o medo á tenrura e ao diferente; sobre o valor de ser un mesmo e das palabras que nos salvan, ou nos poden salvar.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411107624
Idioma: Gallego
Edad de interés: Desde 15 años
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 22/01/2026
Año de edición: 2026
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Alto: 21.0 cm
Ancho: 12.5 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 187.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por María Canosa
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora. Tamén é profesora de Matemáticas de ensino secundario e articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas, ademais de colaborar en varios programas de debate da «Radio Galega» e «Radio Voz». Desenvolveu o papel de "experta en letras" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG. Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega. É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druídas» (2014); «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015; «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016; «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017; «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón; «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021); «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024). Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023). Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares. Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.