María Victoria Moreno (1941-2005) foi unha escritora de amplísima cultura literaria. A súa relación coa poesía era moi fonda. Xa en 1973 elaborou a antoloxía Os novísimos da poesía galega. Sentíase fascinada pola poesía e era quen de transmitir esa paixón recitando poemas de corrido. E aínda que escribiu poesía no ámbito da literatura infantil é moito menos coñecido que a súa vocación lírica a levase a legarnos este libro, escrito nos últimos anos: Elexías de luz, que agora publicamos postumamente, revisado por Xavier Senín. A última parte («Dous folios que foron brancos») é o poemario en que María Victoria estaba a traballar antes da súa morte e por iso se quixo conservalo tal e como ela o deixou. Elexías de luz é unha faceta máis da rica personalidade desta galega que permanecerá para sempre no noso recordo, unha muller que se namorou da lingua e a cultura galegas, coas que mantivo unha fermosa historia de amor, como ela mesma o definiu.María Victoria Moreno (1941-2005) foi unha escritora de amplísima cultura literaria. A súa relación coa poesía era moi fonda. Xa en 1973 elaborou a antoloxía Os novísimos da poesía galega. Sentíase fascinada pola poesía e era quen de transmitir esa paixón recitando poemas de corrido. E aínda que escribiu poesía no ámbito da literatura infantil é moito menos coñecido que a súa vocación lírica a levase a legarnos este libro, escrito nos últimos anos: Elexías de luz, que agora publicamos postumamente, revisado por Xavier Senín. A última parte («Dous folios que foron brancos») é o poemario en que María Victoria estaba a traballar antes da súa morte e por iso se quixo conservalo tal e como ela o deixou. Elexías de luz é unha faceta máis da rica personalidade desta galega que permanecerá para sempre no noso recordo, unha muller que se namorou da lingua e a cultura galegas, coas que mantivo unha fermosa historia de amor, como ela mesma o definiu.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497824750
Idioma: Gallego
Número de páginas: 104
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 28/08/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Es
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 166.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por María Victoria Moreno
María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara 1941- Pontevedra 2005) foi licenciada en Filoloxía Románica e Catedrática de Bacharelato de lingua e literatura españolas nun instituto de Pontevedra. Escritora, conferenciante e tradu-tora, impartiu numerosos cursos de lingua galega e preparou textos didácticos. Considerada como unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, publicou o seu primeiro libro, Mar adiante, en 1973, recuperado por Xerais en 2009. Dende entón publicou títulos tan importantes como Leonardo e os fontaneiros (1986), primeira novela realista da literatura infantil en galego; Anagnórise (1988), novela incluída na Lista de Honra do IBBY 1990 e traducida a varias linguas; ou Guedellas de seda e liño (1991), novela pola que obtivo o premio White Ravens 2002 e unha mención especial dos Premios da Crítica Galicia 2000 no eido da Creación Literaria; e Eu conto, ti cantas... (Xerais 2005). Recolleu a súa experiencia como enferma de cancro de mama en Diario da luz e a sombra (Xerais 2004). A súa obra poética, editada postumamente, está recollida no libro Elexías de luz (Xerais 2006).