Dono da palabra nos anos máis escuros, Xosé Luís Franco Grande verteu, a través dela, algúns dos mellores poemas da nosa lírica contemporánea. Poemas de percorrido breve, e aínda brevísimo, nos que a apelación ao eu non elude a chamada á solidariedade que o estalido telúrico convoca. Entre o si e o non é un libro para ler moi a modiño, deixándose levar pola música do eterno retorno que o seu fluír contén. Un libro no que a existencia baixa coma un río calado entre as ribeiras do amor e desamor, a esperanza e loita.Vicente Araguas (Xuvia, A Coruña, 1950) é crítico literario e autor de varios libros de poemas e dun ensaio, Voces Ceibes (Edicións Xerais), no que analiza polo miúdo os avatares do grupo de canción protesta que cofundara nos tempos en que Franco Grande viña de traducir ao galego Venceremos Nós, himno da primavera compostelá de 1968.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475077451
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/05/2001
Año de edición: 1993
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Bib. Das Letras Galegas
Bib. Das Letras Galegas
Número: 000033
Especificaciones del producto
Escrito por Xose Luis Franco Grande y ED. DE VICENTE ARAGUAS