Neste ensaio trátase da construción da UE como unha institución orixinal que revoluciona o carácter dos Estados que integra. Defróntase agora a UE aos desafíos do pleno recoñecemento da diversidade nacional e da presenza no mundo como potencia civil pola paz, a xustiza e os dereitos humanos. A súa acción pode constituír un soporte político obxectivo para os movementos altermundialistas.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498650907
Idioma: Gallego
Número de páginas: 372
Tiempo de lectura:
8h 52m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/04/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Es
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 43
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Camilo Nogueira
Camilo Nogueira Román (Vigo 1936), enxeñeiro e economista, é un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociación Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribuíu a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organización política entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galicia, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatible o traballo político co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensaística e política publicou en Xerais: O poder industrial en Galicia (en colaboración con Luís Soto e Xan L. Facal) (Xerais 1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (Xerais 2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretación da historia política de Galicia titulado A memoria da nación, A terra cantada (Xerais 2006), Para unha crítica do españolismo (Xerais 2012) e Unha nación no mundo (Xerais 2019).