📗 Libro en gallego FELICES E DIFERENTES

LAIOVENTO - 9788484871620

Sociología Historia de la sociología

Sinopsis de FELICES E DIFERENTES

Felices e diferentes reúne as colaboracións de Xavier Queipo entre outubro 2006 e outubro 2008 no programa Diario Cultural que Ana Romaní dirixe na Radio Galega. Unha ollada crítica sobre a cultura galega e universal, sobre libros e filmes, mais tamén sobre atentados ao patrimonio e anomalías de (des)goberno no noso «pequeno país sen estado».Se non tiveron oportunidade de escoitalo non se perdan estas reflexións que lles han de axudar ás súas propias, pois como di Queipo, «non se me contenten coas análises alleas e extraian as súas propias conclusións, que así os quero intelixentes e espelidos, felices e diferentes».

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484871620

Idioma: Gallego

Número de páginas: 214
Tiempo de lectura:
5h 3m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/08/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 247

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Queipo


Xavier Queipo
Xavier Queipo (Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de «Ártico e outros mares» (narrativa breve, 1990), «Ringside» (contos, 1993), «O Paso do Noroeste» (novela, 1996), «Malaria sentimental» (novela, 1999), «Papaventos» (novela, 2001), «O ladrón de esperma» (contos, 2001), «Os ciclos do bambú» (contos, 2003), «Glosarios» (poesía, 2004), «O espello e o dragón» (literatura infantil, 2005), «Dragona» (novela, 2007), «Caderno da Revolución Cultural» (crónicas radiofónicas, 2007), «Saladina» (novela, 2007), «Felices e diferentes» (crónicas radiofónicas, 2009), «A illa dos cangrexos violinistas» (literatura infantil, 2009), «Cartas marcadas» (ensaio, 2010), «Ártico 2.0» (narrativa breve, 2011), «Extramunde» (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); «55» (relatos, 2014), «Os Kowa» (novela, 2016, Premio Eduardo Blanco Amor 2015), «Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas de poesía erótica, 2018), «Minutos para medianoite» (poesía, escrito a catro mans con Ramón Neto), «Corazón de Manteiga» (novela, 2020), «Final feliz» (relatos, 2022) e 66 (Xerais, 2025). Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011, o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do «Ulysses» de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías. Traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano. Fotografía do autor: Cé Tomé.
Descubre más sobre Xavier Queipo
Recibe novedades de Xavier Queipo directamente en tu email

Opiniones sobre FELICES E DIFERENTES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana