leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego FEMINISMOS

Edicións Xerais - 9788499145006

Sociología Feminismo y mujer

Sinopsis de FEMINISMOS

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo.En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou África subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos».Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora.Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou África subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos».Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499145006

Idioma: Gallego

Número de páginas: 296
Tiempo de lectura:
7h 1m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/03/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - ANTROPOLOXÍA / SOCIOLOXÍA / ECONOMÍA

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 510.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por María Reimóndez y OLGA CASTRO


María Reimóndez

(Lugo, 1975) publicó su primera obra hace veinte años, el poemario Moda Galega (Positivas, 2002). A partir de entonces ha cultivado todos los géneros literarios, desde la narrativa adulta hasta la infantil y juvenil, pasando por el ensayo y el teatro.

Su obra parte de una inquieta visión feminista interesada por la construcción del poder y por la revolución de las formas narrativas que le ha granjeado algunos de los más importantes galardones literarios de Galicia, entre ellos el Premio Xerais de Novela en 2014 por Dende o conflito (Xerais, 2014) o el Premio Frei Martín Sarmiento de Literatura Infantil en dos ocasiones.

Reimóndez es doctora en Traducción e Interpretación especializada en enfoques feministas y decoloniales, hegemonía lingüística, ideología y poder.

Descubre más sobre María Reimóndez
Olga Castro (Lugo, 1980) é profesora titular de Estudos de Tradución na Aston University, Birmingham (Gran Bretaña). Combina o labor académico e docente co activismo pola causa feminista e os estudos galegos, exercendo na actualidade cargos directivos no Observatorio da Mariña pola Igualdade e na Asociación Internacional de Estudos Galegos. Logo de licenciarse en Xornalismo e en Tradución, doutorouse pola Universidade de Vigo cunha tese sobre as intervencións feministas na tradutoloxía galega, coa que obtivo mención europea e premio extraordinario de doutoramento. Leva publicado unha vintena de artigos académicos e divulgativos sobre a interacción entre xénero, linguaxe e tradución, amais de sobre lingüística feminista, crítica literaria e medios de comunicación.
Descubre más sobre OLGA CASTRO

Opiniones sobre FEMINISMOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana