Edicións Xerais - 9788411104425
Un percorrido pola vida e obra de Luísa Villalta, a autora das Letras Galegas 2024.
Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de na literatura, destacou tamén na súa faceta musical como violinista: música e literatura conflúen na súa obra e conforman un estilo propio e orixinal. A docencia, entendida como un saber xeral, e a loita por que a xustiza e a igualdade habitasen en todos os ámbitos, foron outros dos grandes intereses da autora.Especificaciones del producto
Escrito por María Canosa
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!