Na vila onde todas as nenas e nenos teñen nome de flor pasan o ano enteiro esperando a primavera, á que dan a benvida celebrando a festa dos Maios.
Grazas a un programa de televisión, coñecen a Toxina, unha nena alérxica ao pole que vive nunha fraga onde festexa os Maios dun xeito un tanto particular.
Quen gañará este ano o premio ao maio máis orixinal?
Ficha técnica
Ilustrador: Iván Rodríguez Castro
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411106115
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 13/02/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN
Alto: 23.7 cm
Ancho: 16.5 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 346.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón D. Veiga
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023), «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023) e «Maios e desmaios (Xerais, 2025)». Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta». En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022 / Premio Frei Martín Sarmiento, 2024); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023); en 2023, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!» (2024) e en 2025 o I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses con «Pernascochas» (2025). Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19; «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína e «Sucedeu en Samede», sobre a celebración do Entroido nesta localidade (2024). Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022). Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría. Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.