Materia prima é un mapa, unha cartografía que orienta ao lector a través da narrativa galega contemporánea. Este é o seu estado actual, unha importante aproximación antologada e prologada polos críticos literarios Ramón Nicolás e Armando Requeixo. Son, todos, relatos inéditos de autores e autoras de recoñecido prestixio, dezasete relatos escritos especialmente para a ocasión, boa materia prima transformada en ricaz expresión dun tesouro creativo do noso presente e do porvir literario máis inmediato. Unha antoloxía da narrativa galega do século XXI que convida soñar e que confirma a vizosidade e vitalidade desta nosa República das Letras.O obxectivo do presente volume é ofrecer aos lectores galegos unha antoloxía epocal da mellor narrativa curta galega daqueles autores que publicaron unha parte substantiva da súa mellor producción xa na pasada década.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483028407
Idioma: Gallego
Número de páginas: 264
Tiempo de lectura:
6h 15m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/09/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega. En Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017); nesta colección, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (Costa Oeste, 2017) e A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa); A compañía Clandestina de Contrapublicidade (Literaria, 1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022) e Lobos nas illas (2024), entre outros.