📗 Libro en gallego MEU PAI VAITE MATAR

Edicións Xerais - 9788499143002

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de MEU PAI VAITE MATAR

Tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará. A tía Lola, a irmá solteira da nai de Diana, agocha no seu caserío de pedra os vestixios do que fora unha familia de certo avoengo. Entre aquelas antigallas, Diana atopará algunhas pistas que a levarán a emprender unha viaxe ata Patagonia, na Arxentina, na procura do seu tío Moncho. Meu pai vaite matar é unha novela que esculca dende unha ollada antipatriarcal e racionalista os segredos máis ocultos dunha familia. Unha novela de intriga, aventura e viaxes na que se abordan as principais preocupacións dunha autora fundamental do pensamento feminista galego.Tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará. A tía Lola, a irmá solteira da nai de Diana, agocha no seu caserío de pedra os vestixios do que fora unha familia de certo avoengo. Entre aquelas antigallas, Diana atopará algunhas pistas que a levarán a emprender unha viaxe ata Patagonia, na Arxentina, na procura do seu tío Moncho. Meu pai vaite matar é unha novela que esculca dende unha ollada antipatriarcal e racionalista os segredos máis ocultos dunha familia. Unha novela de intriga, aventura e viaxes na que se abordan as principais preocupacións dunha autora fundamental do pensamento feminista galego.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499143002

Idioma: Gallego

Número de páginas: 304
Tiempo de lectura:
7h 13m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/11/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.5 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 2.5 cm
Peso: 462.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por María Xosé Queizán


María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora» (1991, Xerais 2024), «Despertar das amantes» (1993), «Fóra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «Cólera» (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal» (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial» (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres» (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).
Descubre más sobre María Xosé Queizán
Recibe novedades de María Xosé Queizán directamente en tu email

Opiniones sobre MEU PAI VAITE MATAR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana