A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Un acontecemento literario que se abeira, ademais, ao traballo dunha grande ilustradora como Luz Beloso.
Ficha técnica
Ilustrador: Luz Beloso
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491516385
Idioma: Gallego
Número de páginas: 84
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/05/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Es
Colección:
Libros para compartir
Libros para compartir
Número: 6
Alto: 27.5 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xela Arias
Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Como poeta, publicou os libros «Denuncia do equilibrio» (1986); «Tigres coma cabalos» (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; «Darío a diario» (1996); e «Intempériome» (2003). Posuidora dunha voz inclasificable, a súa obra poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra. Como tradutora, verteu ao galego obras de Fenimore Cooper, Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire ou Alice Vieira, labor polo que recibiu recoñecementos como a Medalha do Prêmio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro. En 2021 dedícaselle o Día das Letras Galegas.