📗 Libro en gallego NUNCA PARAISO

Teatro breve (1973-2015)

Edicións Xerais - 9788491211136

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de NUNCA PARAISO

Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así sucede coas dezaseis pezas do primeiro capítulo dirixidas, aínda que non unicamente, a "Solitarios". Como as do segundo, "A Rolda", implican a todas as persoas que non se consideran implicadas. Mentres as do terceiro, "Contratempo", convidan a xogar ás advertidas. Por último, as catro pezas de "Azul" axudan a achegarse a un horizonte que podemos chamar límite... Pezas todas que abalan do estupor ao interese, da afirmación á dúbida, do ruído ao silencio. Un teatro de todas as cores, gobernado pola arpa tendenciosa de Denís e pola xenialidade dun clásico do noso teatro contemporáneo.Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así sucede coas dezaseis pezas do primeiro capítulo dirixidas, aínda que non unicamente, a "Solitarios". Como as do segundo, "A Rolda", implican a todas as persoas que non se consideran implicadas. Mentres as do terceiro, "Contratempo", convidan a xogar ás advertidas. Por último, as catro pezas de "Azul" axudan a achegarse a un horizonte que podemos chamar límite... Pezas todas que abalan do estupor ao interese, da afirmación á dúbida, do ruído ao silencio. Un teatro de todas as cores, gobernado pola arpa tendenciosa de Denís e pola xenialidade dun clásico do noso teatro contemporáneo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491211136

Idioma: Gallego

Número de páginas: 360
Tiempo de lectura:
8h 34m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 13/10/2016

Año de edición: 2016

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.5 cm
Peso: 538.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo


Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre, de Barcelona, alumno de Pepe Estruch, está vinculado desde 1965 ao teatro independente e comprometido na causa da reincorporación do teatro á vida pública galega. Sexa como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador ou grafista, os seus obxectivos foron sempre a creación e implantación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Nesta dirección, impulsou a creación dos seguintes grupos e compañías teatrais: O Facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Compañía Luís Seoane (1980), Clube teatral Elsinor (1990), Casahamlet (1997)... É autor dunha extensa obra dramática iniciada en 1969 con «Romería ás Covas do Demo» e materializada en 2009 como «As dunas», entre a que destacan títulos como «Veladas indecentes» (1996), Premio Nacional de Literatura Dramática; «O circo da medianoite» (1997); «A larva furiosa» (2003); «As horas baixas» (2008), «Flores de Dunsinane» (Xerais, 2010) e «Suite Artabria» (Xerais, 2017), estas dúas últimas galardonadas co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Reuniu o seu teatro breve (1973-2015) no libro «Nunca paraíso» (Xerais, 2016). Dirixiu espectáculos como «Electra», «Copenhague», «Fausto», «Magnetismo», «O avión paranoico»... Recibiu numerosos premios: Abrente (1978), Artur Carbonell (1983), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Marisa Soto, Maruxa Villanueva, Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008) e Premio Otero Pedrayo (2011).
Descubre más sobre Manuel Lourenzo
Recibe novedades de Manuel Lourenzo directamente en tu email

Opiniones sobre NUNCA PARAISO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana