Desde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns.
«O carnaval dos animais» é unha suite en 14 movementos composta en 1886 durante unhas vacacións de Saint-Saëns nun pobo austríaco. Trátase dunha composición humorística –a modo de collage musical de obras do propio autor e de antigas cancións francesas ou pezas tan coñecidas coma o Can-can– pensada para interpretala nunha festa de carnaval, xa que os personaxes son animais diversos: leóns, tartarugas, elefantes, galiñas, canguros… Por desexo de Saint-Saëns, estreouse tralo seu pasamento e chegou a ser unha das súas obras máis exitosas. José Antonio Abad creou un texto literario cuxa lectura pódese acompañar coa audición dunha escolma das mellores interpretacións orquestrais. O relato recrea o ambiente de solemnidade da celebración e describe a chegada dos invitados, conformando unha postal de biodiversidade na que non faltan elementos fantásticos. As ilustracións de João Vaz de Carvalho complementan o espírito lúdico deste libro, con figuras caricaturescas.
Ficha técnica
Traductor: 0
Ilustrador: Joao Vaz de Carvalho
Editorial: Kalandraka Editora
ISBN: 9788484648239
Idioma: Gallego
Número de páginas: 36
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 21/05/2013
Año de edición: 2013
Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
Libro-disco
Libro-disco
Alto: 21.5 cm
Ancho: 24.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 394.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por José Antonio Abad y JOAO VAZ DE CARVALHO