Sinopsis de O CASTELO DE PENA REDONDA O MAIS TOLO DA CONTORNA
A vida transcorre lenta, moi lenta, no Castelo de Pena Redonda polo ano 1250. O bufón Lourenzo argalla mil andrómenas nun inútil intento de divertir o rei Ramiro I, comellón e pousafoles. Mentres, a raíña dona Elvira só está pendente de adquirir xoias e vestidos para engalanarse, e a princesa Catarina soña con viaxar e coñecer mundo. A chegada de Pancho, un enigmático e encantado príncipe portugués, virará a rutina do Castelo.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Fervenza
ISBN: 9788417094454
Idioma: Gallego
Número de páginas: 66
Tiempo de lectura:
1h 28m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/02/2019
Año de edición: 2018
Especificaciones del producto
Escrito por Celia Díaz Núñez
Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, desenvolveu a súa actividade docente como profesora de ensino secundario e universitario en Ourense. Deuse a coñecer como narradora en 2003, cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando ou o misterio do cuarto secreto (Galaxia, 2021). É autora de obras de teatro infantil, como Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004), Velaí vai o papaventos (2014); O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio o Facho de teatro infantil 2016) e Unha estrela para Amina (Premio o Facho de teatro infantil, 2019; Galaxia, 2020); e do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra. Quiroga e os seus escritores (1995) e de libros de texto para a aprendizaxe da lingua galega. En Editorial Galaxia tamén publicou a novela Unha verdade amarga (2017), os libros de relatos Corte e confección (2019) e As faces do diamante (2023), así como a novela para público xuvenil A boca do monte (2016).