Segundo as propias declaracións do autor: Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro composto de moitos libros que en verdade son só capítulos. Este "capítulo" é distinto dos outros en bastantes cousas. Por exemplo nas estratexias narrativas, no uso inevitable do presente histórico, na complexidade dunha narración que pretendín disimular baixo unha forma de contar aparentemente sinxela, fácil de ler. Pero por enriba de todo hai unha unidade poética profunda, principalmente con Galván en Saor, con Vidas senlleiras, e mesmo co meu último libro de poemas, Canta de cerca a morte. Cando a defensa da verdade social, a lealdade entre as persoas e a capacidade de entrega a calquera causa que vaia máis alá do inmediato interés persoal non está de moda, Darío Xohán Cabana fainos volver a ollada cara un tempo ideal no que os colectivos humanos recuperan as formas de traballo que respetan a natureza, ou son quen de se uniren para loitar contra concepción s perversas do mundo. Unha fermosa historia que aposta valentemente pola posibilidade da utopía, polo triunfo dos ideais... que rescata e recupera nestes momentos as ideas básicas de fraternidade, de liberdade e igualdade, que foron estandarte da Revolución francesa. (Xulia Díaz, COPE) o cervo na torre abre para o lector un territorio narrativo vasto e xeneroso, caracterizado polo vigor con que Darío Xohan Cabana sabe dotar o verbo de vida literaria plena, fermosa e singular. Estamos diante dunha obra que engaiola ó lector dende o principio, que prende nun e que non nos permite acougo ata que non chegamos á fin. E que o fai demostrándonos a todos a forza expresiva e a grade riqueza da lingua galega, coa que nos vai metendo dun xeito transparente, cristalino, por un mundo fantástico. (Xulia Díaz, COPE)
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788475078557
Idioma: Gallego
Número de páginas: 384
Tiempo de lectura:
9h 9m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/12/1994
Año de edición: 1994
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 2.9 cm
Peso: 464.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Darío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.