Catro rapaces á busca de aventuras Calo, Tino, Turbo e Manuel coñecen a don Matías, un vello de corpo grande e mans inmensas que é dono dunha tenda de animais. Nela hai coellos, hamsters, tordas, papagaios, periquiños, xílgaros, cadelos, monos, peixes e sapoconchos. Don Matías tamén ten un gato, pero este non é para vender, pois forma parte da familia. Os catro aventureiros acabarán facendo algunhas trasnadas, especialmente co gato e cun galo. Pero no fondo non son malos rapaces.
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788471546074
Idioma: Gallego
Número de páginas: 96
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/02/1997
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Es
Alto: 20.4 cm
Ancho: 11.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Alberto Avendaño
Alberto Avendaño residiu 30 anos nos Estados Unidos e, recentemente, regresou a Galicia para seguir escribindo. Como xornalista traballou para "The Washington Post" e recibiu tres Premios Emmy da Academia da TV dos Estados Unidos. Formou parte do Grupo Rompente, xunto a Antón Reixa e Manuel Romón, que revolucionou a poesía galega nos anos da transición á democracia española. Parte da súa obra poética está publicada en castelán e inglés nos Estados Unidos, onde é membro da Academia Norteamericana de la Lengua Española. En literatura para lectores novos, Avendaño conta con dous Premios Barco de Vapor en Galicia.