📗 Libro en gallego O PUÑO E A LETRA

(1)

Antoloxía en cómic poético

Edicións Xerais - 9788491214366

(1)
Libros de ilustración

Sinopsis de O PUÑO E A LETRA

Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético».40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables da escena galega. 40 textos seleccionados de entre os 25 anos de aventura literaria de Yolanda Castaño.Ilustradores: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez&Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio, Fernando Iglesias «Kohell»Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético».40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables da escena galega. 40 textos seleccionados de entre os 25 anos de aventura literaria de Yolanda Castaño.Ilustradores: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez&Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio, Fernando Iglesias «Kohell»

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491214366

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/10/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Es

Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES

Alto: 27.5 cm
Ancho: 20.5 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 652.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Yolanda Castaño


Yolanda Castaño
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica - Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014), o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador», na illa de San Simón. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país, por toda Europa e América, ademais de Tunisia, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesía e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía, téndose traducido en parte a máis de quince linguas. Autora multipremiada (Premio da Crítica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009, Premio Fundación Novacaixagalicia, entre outros) Yolanda Castaño conta con sete poemarios individuais entre os que salientan «Vivimos no ciclo das Erofanías», «O libro da Egoísta», «Profundidade de campo», «A segunda lingua», «Materia» (Xerais, 2022; Premio Nacional de Poesía 2023 e Premio da Crítica española 2024) ou «A falsa autónoma» (Xerais, 2025; Premio Miguel González Garcés 2022). É autora tamén de edicións bilingües destes poemarios para Visor libros, un par de escolmas persoais, algunhas plaquettes e catro libros de poesía infantil, ademais de obras asinadas como editora e tradutora. En 2018 publica «O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético» (Xerais, 2018) e en 2021 escribe «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias» (Xerais, 2021).
Descubre más sobre Yolanda Castaño
Recibe novedades de Yolanda Castaño directamente en tu email

Opiniones sobre O PUÑO E A LETRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

(1) comentario

4/5

(0)

(1)

(0)

(0)

(0)


Ordenar por:

1 opiniones de usuarios


Patricia Rivas Gallego

22/12/2024

Tapa blanda

Un libro curioso, aínda que non o clasificaría como cómic poético. Paga a pena, desde logo, porque é unha compilación de poemas e ilustracións moi singular en que textos e imaxes dialogan.


Ver todas las opiniones (1)

Los libros más vendidos esta semana