📗 Libro en gallego OS POEMAS DE COMO SE ROMPE TODO

SOTELO BLANCO EDICIONS - 9788478245284

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de OS POEMAS DE COMO SE ROMPE TODO

Daniel Salgado

A nova colección de poesía Edoy Leliadoura que presenta Sotelo Blanco Edicións, con deseño de Andrés Meixide, quere ser, como o seu nome indica, herdeira e continuación do labor realizado pola histórica e dalgunha maneira xa mítica colección Leliadoura, na que se publicaron algúns dos libros máis importantes da poesía galega dos anos 1980, e que foi, tamén, testemuño e actor do renacer poético da Galiza daqueles anos.

Conscientes do importante herdo recibido, Edoy Leliadoura aspira a ser o reflexo das diversas constelacións poéticas que atravesan e iluminan a poesía galega actual. Constelacións que están representadas nos primeiros volumes que hoxe presentamos da colección, ao tempo que non renuncia a pór en galego importantes voces da poesía universal.

Hoxe, cando a poesía necesita máis lectores que defensores. Hoxe, como di John Berger, a poesía fala máis directamente á ferida que á prosa, esta nova colección quere gañar novos lectores para a poesía e ao tempo enorgullecerse de que os poetas publicados falasen directamente a esa ferida, máis profunda cada día, e de non ser indigna da súa antecesora.


Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478245284

Idioma: Gallego

Número de páginas: 69

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 02/11/2007

Año de edición: 2007


Especificaciones del producto



Escrito por Daniel Salgado


Daniel Salgado (Monterroso, 1981) traballa como xornalista. Publicou os libros de poemas «Sucede» (2004), «días no imperio» (2004), «Éxodo» (2006), «Os poemas de como se rompe todo» (2007), «Ascension» (2010), «ruído de fondo» (2012), «Dos tempos sombrizos» (2013) e «O Gran Rexeitamento / Flores para Albert Ayler» (2017). Coa poeta María do Cebreiro deu ao prelo «A Guerra» (2013) e, da man dos artesáns Inés Pallares e Afonso Rodríguez Castro, «ensaios» (2015). En 2018, Miriam Reyes traduciu ao castelán unha escolma da súa obra realizada por Alberto García-Teresa.
Descubre más sobre Daniel Salgado
Recibe novedades de Daniel Salgado directamente en tu email

Opiniones sobre OS POEMAS DE COMO SE ROMPE TODO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana