Tras corenta anos no exilio, María Casares regresa á patria da súa infancia convertida nunha grande intérprete, e no símbolo da España refuxiada, coa lembranza dunha Galicia entre as brétemas do pasado. Será nesa néboa onde a actriz deberá internarse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que camiñan pola súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María Casares?
Despois das ondas, a primeira peza dramática longa en galego sobre a vida e a carreira da actriz, unha das creadoras máis influentes do século XX, foi estreada en 2019 pola compañía ButacaZero, con dirección de Xavier Castiñeira, no Teatro Colón da Coruña, cidade natal da protagonista, e a onde nunca puido regresar, e que se reedita no centenario de María Casares.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491518303
Idioma: Gallego
Número de páginas: 84
Tiempo de lectura:
1h 54m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/04/2022
Año de edición: 2022
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Teatro
Teatro
Número: 4
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 121.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre DESPOIS DAS ONDAS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!