OQO EDITORA - 9788493451608
Rato Tom foi visitar a súa amiga Tomasa. Alegría na celebración! Veña viño, veña touciño e máis viño… e Rato Tom caeu redondo do bidón. Ai que desgraza!, berrou Tomasa. Vestiuse de loito e pechou a casa; e contoulle a súa pena á cociñeira; e a cociñeira á ola; e a ola á fonte… Ata o ceo entristeceu coa nova, mais ao final, algo insólito aconteceu… e todos recuperaron a alegría.
Cunha narración áxil, que xoga coa rima e coa estrutura acumulativa, Marisa Núñez ofrécenos unha orixinal versión, chea de humor e agudeza. Aínda que inspirado nun suceso fatal, tirado do conto tradicional brasileiro, Dona Baratinha (Dom Ratão ia se casar com dona Baratinha, e morreu cozido no feijão…), a autora, a partir desta anécdota, desvía os acontecementos cara a un desenlace ben diferente.
Os elementos da natureza humanízanse ao adoptar certos comportamentos, que rememoran antigos ritos funerarios ancestrais, comúns a distintas culturas (romper olas, vestirse de loito): a fonte cala, a árbore tira o seu manto, os paxaros íspense... Todas estas manifestacións encadeadas transcenden o mundo da palabra e conectan co misterioso mundo dos afectos. O momento culminante prodúcese cando, o ceo chora e derrama sobre a terra, a súa auga revitalizadora. Entón, como por arte de maxia, o que semellaba unha traxedia, acabará facendo florecer un sorriso no lector.
Con reminiscencias dos contos tradicionais de final feliz, esta obra fálanos da intensidade dos afectos, da amizade, da vida; valores que persistiron ao longo do tempo e que non debemos esquecer.
Texto de Marisa Núñez, a partir dun conto tradicional brasileiro
Ilustracións de Alessandra Cimatoribus
Especificaciones del producto
Escrito por Marisa Núñez
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!