📗 Libro en gallego ROSALIA DE CASTRO E O PODER SEXUAL

Edicións Xerais - 9788491212539

Sociología Feminismo y mujer

Sinopsis de ROSALIA DE CASTRO E O PODER SEXUAL

Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, "a opresión da muller o seu tema único".María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, "a opresión da muller o seu tema único".María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491212539

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 07/09/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 220.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por María Xosé Queizán


María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora» (1991, Xerais 2024), «Despertar das amantes» (1993), «Fóra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «Cólera» (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal» (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial» (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres» (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).
Descubre más sobre María Xosé Queizán
Recibe novedades de María Xosé Queizán directamente en tu email

Opiniones sobre ROSALIA DE CASTRO E O PODER SEXUAL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana