Edicións Xerais - 9788411103657
Este delicioso té é unha senda líquida que nos une tanto como os terremotos profundos. En cada grolo flúen o asombro e a calma, no máis ínfimo agroma a inmensidade.
Lupe é unha garza elegante que nos convida a tomar té no seu «chanoyu» poético. O ritual é inmutable, a auga quente infusiona as follas mentres lemos cartas antigas e sentimos a levidade das montañas. Aniñan bubelas nas pastas de améndoa. Lupe le versos de «Salón de Té» e as paisaxes latexan nas cuncas de delicada porcelana. Nesta cerimonia, a beberaxe deliciosa é unha senda líquida que nos une tanto como os terremotos profundos. En cada grolo flúen o asombro e a calma, no máis ínfimo agroma a inmensidade.Especificaciones del producto
Escrito por Lupe Gómez
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!