📗 Libro en gallego ¡SENTINELA, ALERTA!

XERAIS - 9788483028001

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ¡SENTINELA, ALERTA!

Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos. Unha militante comunista emprende unha desesperada folga de fame. Un preso relata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo. Unha muller maltratada decide tramitar o divorcio e convértese nunha fuguista de incerto destino. Homes e mulleres coa existencia trabada, seres recluídos por barrotes verticais e horizontais, vítimas do fanatismo que levan a celosía incrustada nos ollos. Nesta edición actualizada e ampliada, Sentinela, alerta! recolle once textos nos que se aborda o lado máis escuro da condición humana: o exercicio da tortura e os malos tratos inflixidos sobre as mulleres e os máis débiles. O espazo da prisión nos tempos da ditadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación, devoran a dignidade dos seres humanos.Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos. Unha militante comunista emprende unha desesperada folga de fame. Un preso relata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo. Unha muller maltratada decide tramitar o divorcio e convértese nunha fuguista de incerto destino. Homes e mulleres coa existencia trabada, seres recluídos por barrotes verticais e horizontais, vítimas do fanatismo que levan a celosía incrustada nos ollos. Nesta edición actualizada e ampliada, Sentinela, alerta! recolle once textos nos que se aborda o lado máis escuro da condición humana: o exercicio da tortura e os malos tratos inflixidos sobre as mulleres e os máis débiles. O espazo da prisión nos tempos da ditadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación, devoran a dignidade dos seres humanos.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483028001

Idioma: Gallego

Número de páginas: 104
Tiempo de lectura:
2h 23m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 29/04/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por María Xosé Queizán


María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora» (1991, Xerais 2024), «Despertar das amantes» (1993), «Fóra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «Cólera» (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal» (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial» (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres» (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).
Descubre más sobre María Xosé Queizán
Recibe novedades de María Xosé Queizán directamente en tu email

Opiniones sobre ¡SENTINELA, ALERTA!


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana