📗 Libro en gallego SERA CORRECTO? (GALLEGO)

HERCULES DE EDICIONES S.A.- 9788494650239

Etiqueta. Protocolo

Sinopsis de SERA CORRECTO? (GALLEGO)

Teño que erguerme cando me presentan a alguén? Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo?Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo? Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa?Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto?; unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro. Na vida cotiá da maioría das persoas, encontrámonos ante diversas situacións que nos presentan dú- bidas e que resolvemos como podemos, pero descoñecemos se foi aquela a maneira máis axeitada de facelo. Non obstante, saber como hai que comportarse tampouco é difícil e achega moita seguridade.Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes... pois a falta dos bos modais é motivo de preocupación para estes últimos. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mellor aprender bos modais de pequenos. Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido –non esperen atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombra vermella–, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nos invitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido.

Ficha técnica


Ilustrador: Paula Mayor Agrelo

Editorial: Hercules de Ediciones S.A.

ISBN: 9788494650239

Idioma: Gallego

Número de páginas: 88

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 30/01/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: A Coruña
Número: 1
Peso: 500.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Concha Blanco y María Canosa


Concha Blanco Blanco (A Coruña, 1950) exerceu como profesora de Lingua e Literatura galega en distintos centros. Autora dunha extensa obra dirixida ao público infantil e xuvenil entre as que destacan "Quero que veñan meus pais", Premio Lecturas Galix, 2002 e "¡A min que me importa!", accésit Premio Lazarillo, 1997. En Xerais ten publicado "A aventura das cores" (1998), "As noites de Xián" (2014) e «Eu tamén fun pequeña» (2023).
Descubre más sobre Concha Blanco
María Canosa
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora.
Tamén é profesora de Matemáticas de ensino secundario e articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas, ademais de colaborar en varios programas de debate da «Radio Galega» e «Radio Voz». Desenvolveu o papel de "experta en letras" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG.
Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega.
É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druídas» (2014); «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015; «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016; «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017; «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón; «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021); «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024).
Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023).
Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019).
É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.
Descubre más sobre María Canosa

Opiniones sobre SERA CORRECTO? (GALLEGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana