📗 Libro en gallego ¡SIRENO, SIRENO!

XERAIS - 9788483021972

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de ¡SIRENO, SIRENO!

Di a autora que este é un libro escrito co corazón. Quizais sexa esa cualidade, ese deixarse levar pola fervenza dunha historia narrada desde a emoción e o sentimento, o primeiro que chama a atención cando nos adentramos nas páxinas de ¡Sireno, Sireno! Porque co que nos atopamos é cunha invitación a ollar a realidade desde unha perspectiva nova, a través dos ollos dunhas personaxes ante as que é difícil sentir indiferencia. O protagonista da historia é un neno do que nunca coñecemos o seu nome. Iso reforza a sensación de que se nos está a falar de todos os nenos, desa etapa da infancia na que, ós poucos, se vai descubrindo a vida e se experimentan as dificultades para conciliar a realidade e o desexo. O neno está a vivir unha situación difícil: o pai morreulle hai pouco nun accidente, a nai permanece aínda baixo a impresión desa perda, el séntese só e incomprendido, o mestre que ten é un bárbaro (a escola é un camiño de pedras puntiagudas)... Así que, ante esa realidade hostil, reacciona repregándose sobre si mesmo. E crea un mundo autónomo, á súa medida, onde a figura do Sireno (a escultura de Francisco Leiro, unha obra magnífica situada no centro de Vigo) adquire un forte carácter simbólico. Porque o protagonista vai atopar a saída do labirinto a través da arte. Será a súa paixón pola pintura quen o leve ó Sireno, serán as súas sensacións ante a estatua quen o conduzan a establecer unha relación con ela e, de paso, coa imaxe de seu pai. O Sireno será o seu cómplice, o confidente dos seus problemas, o espello no que se atopa reflectido. E será, tamén, quen faga de fío de Ariadna, de axuda para orientarse entre as reviravoltas que a vida lle presenta (o Sireno fala a lingua que só pode escribirse coa tinta dos soños). Neste breve comentario, cómpre tamén unha referencia ás personaxes (a nai que vende enciclopedias, o pai apaixonado pola pintura, a avoa inconformista chea de ganas de vivir...), que son un dos mellores acertos deste libro. Como tamén é un acerto o mundo que a autora conseguiu crear, un mundo onde as emocións e os sentimentos nos resultan moi próximos e cribles. Unha proba máis de que ¡Sireno, Sireno! é unha novela escrita con paixón, que aposta polas vivencias e os sentimentos. Unha novela chea de vida.

Ficha técnica


Ilustrador: Xulia Barros

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483021972

Idioma: Gallego

Número de páginas: 138

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/05/2001

Año de edición: 1997

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Merlin


Especificaciones del producto



Escrito por An Alfaya


An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017. Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas. O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.
Descubre más sobre An Alfaya
Recibe novedades de An Alfaya directamente en tu email

Opiniones sobre ¡SIRENO, SIRENO!


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana