DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS - MANUAIS DE LINGUA GALEGA - Solucionarios Libros de exercicios de Lingua
DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS - MANUAIS DE LINGUA GALEGA - Solucionarios Libros de exercicios de Lingua
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Peso: 177.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Ramón Pena Sánchez y MANUEL ROSALES
Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como "Literatura galega medieval" (1992), "Manuel Antonio e a vangarda" (1996), "Xograres do mar de Vigo" (Xerais, 1998) ou "Historia da literatura medieval galego-portuguesa" (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, "O reverso do espello" (Xerais, 1984), "Para despois do adeus" (Premio Xerais, 1987), "Paixóns privadas" (Xerais, 1991), "A era de Acuario" (Xerais, 1997), "Fado de princesa" (2005), "A batalla do paraíso triste" (Xerais, 2008), "Como en Alxeria" (Xerais, 2012) e "Todas as vidas" (Xerais, 2020). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal «Faro de Vigo», son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: "Na noite estrelecida" (Xerais, 1988), "Da terra asoballada" (Xerais, 1989), "No desterró" (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, "Ramón Cabanillas. Poesía galega completa" (Xerais, 2009).
Manuel Rosales (Marín 1955) é doutor en Filoloxía Hispánica e catedrático de Lingua e Literatura Galegas no Instituto Santa Irene de Vigo. Coautor do Manual de galego urxente (Xerais 1987), é tamén autor doutros manuais para o ensino, como Prácticas gramaticais (Xerais 1995) e Curso de lingua galega (Xerais 1996). Publicou en 1997 un estudio titulado A narrativa de Castelao. Xénese e desenvolvemento, adaptación da súa tese de douotoramento. Realizou diversos edicións críticas de obras de narrativa galega contemporánea, ademais de colaborar como crítico en publicacións como Grial, A Trabe de Ouro e Anuario de Estudios Literarios Galegos. A linguaxe literaria. Guía de recursos para a análise textual (Xerais 2002) é o seu últimolibro de ensaio.