📗 Libro en gallego SUITE ARTABRIA

Edicións Xerais - 9788491212522

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de SUITE ARTABRIA

Suite Artabria, de Manuel Lourenzo é un conxunto de tres pezas («Orzán», «O fulgor das atochas» e «Alerta na rúa do Pozo») con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado, «como un roteiro por algúns dos espazos máis representativos da Coruña»: o Orzán, as Atochas e a Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situacións límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantír a súa supervivencia.Suite Artabria, de Manuel Lourenzo é un conxunto de tres pezas («Orzán», «O fulgor das atochas» e «Alerta na rúa do Pozo») con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado, «como un roteiro por algúns dos espazos máis representativos da Coruña»: o Orzán, as Atochas e a Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situacións límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantír a súa supervivencia.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491212522

Idioma: Gallego

Número de páginas: 128
Tiempo de lectura:
2h 58m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 07/09/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática Galega

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 181.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo


Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre, de Barcelona, alumno de Pepe Estruch, está vinculado desde 1965 ao teatro independente e comprometido na causa da reincorporación do teatro á vida pública galega. Sexa como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador ou grafista, os seus obxectivos foron sempre a creación e implantación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Nesta dirección, impulsou a creación dos seguintes grupos e compañías teatrais: O Facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Compañía Luís Seoane (1980), Clube teatral Elsinor (1990), Casahamlet (1997)... É autor dunha extensa obra dramática iniciada en 1969 con «Romería ás Covas do Demo» e materializada en 2009 como «As dunas», entre a que destacan títulos como «Veladas indecentes» (1996), Premio Nacional de Literatura Dramática; «O circo da medianoite» (1997); «A larva furiosa» (2003); «As horas baixas» (2008), «Flores de Dunsinane» (Xerais, 2010) e «Suite Artabria» (Xerais, 2017), estas dúas últimas galardonadas co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Reuniu o seu teatro breve (1973-2015) no libro «Nunca paraíso» (Xerais, 2016). Dirixiu espectáculos como «Electra», «Copenhague», «Fausto», «Magnetismo», «O avión paranoico»... Recibiu numerosos premios: Abrente (1978), Artur Carbonell (1983), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Marisa Soto, Maruxa Villanueva, Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008) e Premio Otero Pedrayo (2011).
Descubre más sobre Manuel Lourenzo
Recibe novedades de Manuel Lourenzo directamente en tu email

Opiniones sobre SUITE ARTABRIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana