Sinopsis de TERRA E PROGRESO. HISTORIA AGRARIA DA GALICIA CONTEMPORANEA
«Terra e progreso, luz e liberdade» foi un lema do directorio de Teis aló por 1908 que define a memoria que se quere reconstruír neste libro. As novas pescudas da historiografía agraria están a proporcionarnos, desde hai dúas décadas, un coñecemento diferente do herdado; Terra e progreso é un libro que procurra a reflexión sobre o presente e o futuro presentándolles ós lectores e lectoras outra historia para outro presente. Terra e progreso é unha obra dirixida ó público interesado na Historia e no mundo rural e mais ós estudiantes de Historia. Os autores queren que as súas investigacións contribúan a construír unha idea máis acaída sobre o pasado da Galicia rural. Trátase de ofrecer unha versión diferente á que aínda adoita ser maioritariamente común. E recóllense tamén as diferentes posturas interpretativas, pois non hai unha explicación unívoca do pasado como non a hai do presente. Non atoparán os lectores debates abertos, pois a nosa tradición intelectual non é demasiado proclive a facelos explícitos, pero están implícitos. Resalta, con todo, un certo labor colectico de reinterpretación que devén na construcción dunha memoria diferente daqueloutra que facía fincapé no atraso agrario e concebía o mundo rural contemporáneo como politicamente reaccionario, socialmente inerte, inmobilista dende o punto de vista económico e eixo dun suposto subdesenvolvemento inmemorial.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483025604
Número de páginas: 551
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 11/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por LOURENZO FERNANDEZ PRIETO
Lourenzo Fernández Prieto, A Devesa-Ribadeo, 1961. Licenciouse en Xeografía e Historia (Compostela, 1984), e baixo a dirección de R. Villares especializouse en cuestións agrarias durante a elaboración da súa tese de doutoramento, Renovación tecnolóxica da agricultura galega, presentada en 1990 e na que se basa ``Labregos con ciencia´´ (Xerais, 1992). Ten publicado, entre outros, traballos sobre Rof Codina (1985), ``A Granxa Agrícola da Coruña, 1888-1928´´ (1988), ``Agricultura e capitalismo en Galicia´´, traballo colectivo en Ed. Crítica (1991); tamén colaborou no libro colectivo ``Donos de seu. Estudios de Historia Agraria de Galicia´´. Na actualidade é profesor de Historia Contemporánea e mais secretario do IDEGA na Universidade de Santiago de Compostela.