leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego TRECE BADALADAS

Edicións Xerais- 9788483027882

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de TRECE BADALADAS

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: a do destino maldito do rebelde. Unha novela froito da destilación do traballo literario de case unha década. Unha obra de intriga, que nos remite a un tempo de misterio, cando a xente cría no sobrenatural: a morte que axexa, o meigo resucitado que desafía ao Apóstolo, a Berenguela que anuncia a hora do demo.. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermetico sobre un mar de pedra: o enfrontamento entre o ben e o mal, o mito do sepulcro que alumou dende séculos a toda Europa. Un paseo, tamén, polos dilemas e as procuras de espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unha inmensa novela, abovedada de misterio, construída ao xeito de traxedia como unha rexa catedral románica.Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: a do destino maldito do rebelde. Unha novela froito da destilación do traballo literario de case unha década. Unha obra de intriga, que nos remite a un tempo de misterio, cando a xente cría no sobrenatural: a morte que axexa, o meigo resucitado que desafía ao Apóstolo, a Berenguela que anuncia a hora do demo.. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermetico sobre un mar de pedra: o enfrontamento entre o ben e o mal, o mito do sepulcro que alumou dende séculos a toda Europa. Un paseo, tamén, polos dilemas e as procuras de espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unha inmensa novela, abovedada de misterio, construída ao xeito de traxedia como unha rexa catedral románica.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483027882

Idioma: Gallego

Número de páginas: 360
Tiempo de lectura:
8h 34m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/04/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 3.0 cm
Peso: 531.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Suso de Toro


Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.
Descubre más sobre Suso de Toro
Recibe novedades de Suso de Toro directamente en tu email

Opiniones sobre TRECE BADALADAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana